viernes, 30 de abril de 2010

A Conquista do Odiseo


Comezan os preparativos para a gran xesta de conquistar o Odiseo. Hoxe coñecemos os 3 integrantes da expedición "Loureira". Posan na fotografía para os diarios nacionais e internacionais conscientes da grande repercusión que vai ter esta expedición. "Quedan por diante uns 12 días de intensa preparación para aclimatarnos ó entorno que nos imos atopar en Ordes" -manifesta o capitán-, "para hoy (viernes), tenemos previsto asistir a la Gala contra el Cancer, que tiene lugar en la localidad, y en la que tocarán Kate Ryan, Carlos Baute y la Pantoja, entre otros, pero yo prefiero la Panorama, por eso de bailar salsitas, merengues y todos esos bailecitos eróticos para bailar con las chatis" -manifesta o máis infantil de todos-, "tampouco fará falta tomalo tanto en serio ¿non?, digo eu ehhh" -palabras de Roberio Carrilbicixa-.

O certo é que esperamos ter máis información detallada de cómo transcurre o día a día dos nosos raiders.

lunes, 26 de abril de 2010

Desfeita no Raid de Tarragona


Tras a baixa do equipo Loureiro´s para o raid de Tarragona que se celebrou esta fin de semana, os nosos compañeiros do "Élite" viñeron peor do que sairon. Aínda non ben acababan de comezar o raid cando unha inoportuna caída da bicicleta, producida por unha rana tarraconense que se cruzou no camiño do raider Alfonso Jijijij, o que bateu cos osos no chan, e como consecuencia do triste accidente falaceu a rana e saiu mal parado o raider, que cambiu a clavícula de sitio.
Alfonso Jijijij foi sometido a cirugía por un doutor e catro ferreiros, que utilizaron unha placa e 6 tornillos, para poñerlle a clavícula no seu sitio.
As primeiras declaracións de Alfonso Jijijij despois da intervención foron estas: - "non sei se foi unha rana ou unha abella que me picou no nariz, pero atópome algo raro"

domingo, 25 de abril de 2010

Presentación da nova bicicleta


Hoxe pola tarde presentouse a nova bicicleta do equipo Loureiro´s Raid Team. A súa fiabilidade para ver as balizas de lonxe é total, aumentando nun 89% a visión da mesma en monte espeso, e sendo practicamente infalible en monte raso, onde alcanza unha porcentaxe de visión dun 97,7%.
Aínda que pareza pouco fiable nas corredoiras, parece que non é tal, posto que podes impulsarte nas árbores que están na beira dos camiños.
As primeiras palabras do probador unha vez baixado da bicicleta foron: - "É bastante fiable, pero hai que mellorar un pouquiño a suspensión e a aerodinámica. De modo que está non somos competitivos, os outros equipos están moi fortes e van un paso por diante nosa neses dous aspectos. Temos tempo para mellorar antes da próxima carreira. A factoría de "Maranelo" está votándonos unha mán"

miércoles, 21 de abril de 2010

Adestramentos secretos


Dende que houbo a filtración de que pode haber unha sección de patíns no vindeiro raid de Ordes, o equipo Loureiro´s Raid Team non perde o tempo e mesmo poidemos ver a un compoñente nuns adestramentos secretos sobre estes artiluxios. Na foto pódese observar a perfecta camuflaxe, composto por un xersei talla XXXL, e unha saia ata os tobillos. Un perfecto conxunto que pasa desapercibido polo lugar de adestramento, Os Cantóns da Coruña e Rúa Real. Por si podía alguén recoñecelo, púxose un gorro estilo mariñeiro, acorde co estilo "fassión" do distrito Obelisco. Para finalizar, e como por eses lugares todo o mundo leva algo na mán, levaba unha especie de bolso-mantero, estilo "Bimba&Mango" moi propio tamén dese estilo especial.

En definitiva, ninguén se percatou de quén era, nin o que estaba facendo. Unha perfecta equipación que seguro volverá a repetir para vindeiros adestramentos.

Tal foi o conto, que os outros dous compoñentes do equipo, vírono pasar e só puideron dicir: - "Esta si me la pillo, ... ai, ai, aaaaiiii, ..." , ó que o outro contestou ... - "aaaarranca hoooombre".

lunes, 19 de abril de 2010

Un novo escándalo salpica a imaxe da asociación


Soamente pasou un día dende o escándalo coa Jolie e volve aparecer na web e nos medios de comunicación un vocal da asociación de bombeiros en baños menores. O que parecía unha balsa tranquila, converteuse nunha tormenta tropical, con forte marexada e mar picado.


O presidente, desconcertado, acaba de declarar nos medios de comunicación: "La imagen de la asociación está por encima de todo y si no sabemos comportarnos, tendré que tomar manos en el asunto. Esto es un despropósito y hay que atajarlo. En breve convocaré una reunión urgente en la que le pondré las pilas a determinados directivos".

Mentres, os implicados nos fan declaración algunha e non se deixan ver por ningún lado.

domingo, 18 de abril de 2010

Escándalo rosa nas filas do club



Aínda estamos na pretemporada coma quen dí, e xa comezamos cos escarceos amorosos. Despois dun adestramento de piragua bastante mediocre, aparecen fotografías do 3º en discordia, cunha coñecida actriz de "Jolibú". Aínda que o club está intentando comprar ditas fotos para non enturbiar a imaxe, o presuposto desta tempada non da nin para invitar ó paparazzi a un quinto de estrella. Mentres tanto o raider descúlpase dicindo: "eh, ehhh ... e que non cenei ...".

sábado, 17 de abril de 2010

Comezo do adestramento específico



Onte tocou adestramento específico de kayak, despois do grande fiasco que tivo o equipo nesta sección no pasado raid de Paderne.

A sesión comezou co sonido do despertador ahí polas 7:30 da mañá, aínda cando estaban os galos no corral. Un almorzo lixeiro, composto por tostadas de manteiga e mermelada a fartar, zumo de naranxa a litros e unhas tiriñas de beicon para ter algo que remoer mentres remábamos.

Como ben se pode ver na foto do adestramento, o río cheo de auga ata os topes, non fixo votar para atrás ós compoñentes do Loureiro´s Raid Team que, moi ben preparados, votáronse a auga para competir coas correntes salvaxes e remuiños interminables.

A cousa rematou ben, un xantar nunha coñecida taberna da zona, cun viño da casa desos que deixan mancha ata o quinto lavado.

jueves, 15 de abril de 2010

I Raid Casa Sixto -Paderne-


1ª proba da Liga Galega de Raids de Aventura, celebrado o pasado 10 de abril en Paderne.

A sorpresa chegou na alineación para esta proba, na que apareceu a compeñente feminina "Pris", escoltada por Quito "El Gran Capitán" e Io "El Gran Escudero".

Da carreira podemos comentar o bo inicio na sección de score-trekking, despois de adentrarnos coma verdadeiros xabaríns, no espeso monte das terras de Paderne. Entre folgo e folgo (tamén descansamos algo polo medio), coincidimos cun corzo, que máis ben parecía Super Mario Bros disfrazado cos saltos que daba o animal. Veña rumbos, veña atallos, e ó final rematamos 5º nesta sección.
Na btt, comezamos a orientar asejún pegase o vento, así nos foi, que para atopar a 1ª baliza, recorremos medio concello, pero atopar, atopámola. A continuación, veu a 2ª que tiña máis envidia da 1ª do que esperábamos e, despois de que o mapa nos fixera unha das súas (creo que o camiño estaba un pouco mal sinalizado), o monte fíxonos das súas e aparecemos na puta selva, hasta creo que había alguén seguíndonos colgados ás árbores. En fin, que cando nos demos conta, a ventaxa que levábamos na 1ª sección, era nula. Aló aparecemos cunha tropa de equipos que xa non sabíamos de quén era quén. No final da sección, apareceu o espiritu de equipo e comezamos a cabalgar coma auténticos mosqueteiros, facendo sufrir á bicicleta coma se fose unha besta con fame. E chegamos, e seguimos coa 3ª sección, un trekking con piragua incluída. Ó noso ritmo e clavando as balizas, pero cando chegamos á auga, haaaai o mal que me levo eu coa auga, fría coma o xeo, pero aló fomos, entramos na piragua que íbamos comer o mundo ... e case nos pasa coma a armada invencible, comezou unha marejada del carallo coa que tivemos que pelexar, pero coas boas dotes de patrón de embarcacións de recreo conseguimos chegar a bo porto. Logo faltaba chegar a meta. Non foi tarea fácil, poñéndose complicada a baliza 11, que conseguimos atopar mirando cara o mar a mui cabrona. E finalmente a baliza 14 que equivoquei un camiño pintado no mapa cun que non estaba (e estaban ben preto un do outro). Como as forzas eran poucas e o tempo máis pequeno aínda, decidimos deixala e que a buscasen os outros equipos, que alí non ía quedar. Chegamos á meta con tempo dabondo como para pensar que podíamos quedar mellor do que pensabamos. E finalmente, así foi ...

8º posto. Ahhh, e recollemos o trofeo ó 3º mellor equipo Aventura da tempada 2009. Un luxo vamos ...