domingo, 10 de octubre de 2010

Pillado na Volta a Espanha

Cando menos o esperábamos, o Loureiro´s atopa ó seu raider Ioberto, competindo na Volta a España co equipo dos seus amores. A foto non deixa lugar a dúbidas, "é o noso Ioberto" -afirmou Astequitorix coa cabeza baixa-; "agora entendemos tantas ausencias nos adestramentos e nas carreiras" -comentou Marcus Bronholm, eterno rival do Loureiro´s-; "escuché por ahí, que tampouco pasó los controis médicos do equipo, y menos os da UCI" -apuntillou o druída PanoGabyx no seu perfecto galego, sabedor de que o chaval ten algo que esconder-; "parece que está algo más fuerte, puede ser del chuletón que le mangó en la aldea el otro día" - recordaba o galeno Julius Mufasa.

O certo é que todo son suposicións e nada se sabe de Ioberto Carrilbicixa, que leva varias semanas adestrándose pola súa propia conta e sen facer declaración algunha dos comentarios que están saíndo na prensa.

Este medio está intentando ter a exclusiva nas vindeiras horas. Sabedores de que non vai ser barata, estamos ultimando os últimos flecos coa empresa Marqués de Riscal S.L., para que nos ceda unha botella do seu mellor rioja, e intentar sacarlle ó raider toda a verdade.

Este equipo está por desbancar o culebrón da Princesa del Pueblo e o Caso Gurtel, como primeiros focos de atención a nivel nacional.

martes, 28 de septiembre de 2010

En caída libre

A cotización do Loureiro´s cae despois de pechada a sesión e a entrega de trofeos en Pontevedra.

Así lles quedou a cara ó equipo que ía nesta ocasión. Cando todo pintaba ser ouros ... eran bastos. Os xuices dictaron sentenza "hai que baixarlle os fumes, poñémolos de octavos".

Casanovas Clooney, con cara de non saber o que sucedeu despois de pechada a sesión, comentou "este equipo parece una subcontrata ... y se lo comen las empresas grandes". Por outra banda PanoGabyx manifestou que "este puesto y esta bajada en la cotización de la bolsa, me está llevando de nuevo a la mina". Por último o galeno Julius, parece resistirse coa posición na clasificación e intenta por tódolos medios que despois de pechada a sesión, penalicen ás empresas máis fortes deste raid, cousa bastante dificil a estas alturas.

Con todas, os directivos do club xa non saben qué facer cos raiders que pasaron ata o de agora por este emblemático equipo. Algúns xa falan de facer coma Florentino, poñelos a traballar como manikís nos anuncios para sacar algo en publicidade, polo menos.

Xa se verá o que están argallando estos directivos na oscuridade.

martes, 21 de septiembre de 2010

A Alma veu Dios a ve-la



O que pasou este sábado en Pontevedra foi espectacular, o Loureiro´s conseguía a 5ª posición na categoría Élite (a mellor clasificación da tempada) nun raid duro, moi técnico e no que a estratexia era a mellor baza. O equipo funcionou á perfección, ou ó menos así o indica o resultado final. Gran dilema vai ter agora o staff técnico para solventar tal desbarajuste de raiders e o seu peso no equipo. Unha parte da directiva xa pensa en facer limpeza, mentres que outra, moito máis cauta, fala dunha casualidade. O presidente anda polas nubes e non sabe moi ben o que pasou, polo que neste caso, non quixo facer declaración algunha, comentando "está la cosa muy caliente para tomar decisiones acertadas ..."

O certo é que "A Alma veu Dios a ve-la", así contestou o mánager do equipo cando veu o resultado do PontevedRAID. "Sabiamos que o equipo que levamos ó raid de Pontevedra era un equipo moi competitivo e os avances nas bicicletas presaxiaban que podiamos ir un par de décimas máis rápido por kilómetro, pero non presaxiávamos tal éxito".

Casasnovas Clooney, capitán do equipo nesta ocasión, falou para os micrófonos de TVaGrela, comezando con un "objetivo cumplido" unha vez pasada a línea de meta, sabedor de que o equipo funcionara coma un reloxio suizo. O galeno Julius Mufasa, fixo de escuadrón e levou ó druída PanoGabyx en volandas, para conseguir este extraordinario resultado. As palabras destes dous raiders non deixaron indiferente a ninguén: "lo mejor es el sirope de arce ..." cascoulle na ducha PanoGabyx, deixando boquiaberto ós presentes, ... mentres o galeno rematou "vamosss como motosss ...", no que máis de un está a darlle voltas á frase, por se ten segundas partes.

En fin, que esto non remata aquí, e hai moita chicha que roer.

viernes, 17 de septiembre de 2010

A nova máquina


Hoxe poidemos saber máis novidades do Loureiro´s Raid Team para o PontevedRAID. Non só serán os raiders os novos inquilinos deste equipo máxico. Un dos compoñentes esenciais e principais para que este Loureiro´s funcione (non como ata o de agora, que parecían vellas con chepa e bastón) son as máquinas de pedaleo. Neste caso soubemos que PanoGabyx vai estrear a evolución da Alma (non a del, que a ten media descoidada, senón que ese é o nome da nova máquina). Chegada onte das entrañas da fábrica italiana de Maranello, o equipo ilusiónase ó saber que xa non teñen que carretar cunha torada de raider, senón que os avances mecánicos e de peso desta bici, van facer que PanoGabyx non teña que romperse a cabeza en pocións máxicas para conseguir o podium.

Unha vez probada polo parque da Grela, o raider comentou da mesma "los reglajes aún no están a punto, pero vamos por buen camino. Esta nueva versión del Alma, nos dará las centésimas suficientes para quedar por delante de equipos como el Élite de Bombeiros, consiguiendo así dos evoluciones en una semana, quedarnos con el nombre de Loureiro´s y conseguir la capitanía del club".

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Unha saída completa

Velaí o tedes, o Loureiro´s cambia de raiders para a última proba da Liga Galega. Tra-la decepcionante liga que fixeron os compoñentes habituais desde equipo lexendario (aínda non gañaron nada, pero xa son "leyenda"), os directivos "do penique fresco" e que non queren dar a coñecer a súa identidade, fixeron posible a fichaxe no último momento de tres "individuos" do equipo Bombeiros Coruña Aventura, eles son o Casanovas Clooney, o druída PanoGabyx e o galeno Julius Mufasa. Nestes 3 personaxes caerá a responsabilidade de facer algo grande no PontevedRAID.

Como ben sendo habitual nos últimos meses no lugar de traballo de onde proceden estes elementos, "unha saída completa" é a que vai facer o total do percorrido deste raid. Un sarxento, un cabo e un bombeiro, esa é a realidade deste equipo na que non se sabe moi ben quén é o que vai traballar nin quén é o que vai jobernar. Polo de pronto, o rei de espadas será o que manda.

Segundo escoitas telefónicas deste medio que escribe, algún dos compoñentes ten unha gran sorpresa que fará que o equipo vaia unhas centésimas máis rápido, polo que estamos a traballar para saber de qué se trata. Mañá teremos unha edición especial deste traballo de espionaxe.

sábado, 11 de septiembre de 2010

De película do oeste

E ó final víronse as caras. Foi aló polo oeste, preto da vila de Ponteceso. Uns organizando e outro rompendo os cadrís. Só foi un soño. Agora andan a buscarse para armar jhesca. Dende aquel fatídico encontro nas terras Extremas de Somozas non volvemos a saber nada do Loureiro´s Raid Team. Hoxe soubemos que aqueles raiders van competir en equipos distintos. Andan buscando camorra, aljhén que se queira enfrontar a eles. Competirán por ser o mellor, en equipos distintos iso si. Ricardángelo di Elviña irá co seu equipo Pro-3 Natura Raid Aventura, mentres que Astequitorix Arrancaa vai facelo co Élite de Bombeiros, fichado no último momento por falta de persoal (non estaba nin de suplente) e sabedor que o Loureiro´s non lle vai dar un patacón pola liga que fixo este ano. O outro en discordia, prefire non meterse en follóns e vai descansar.

¿Cómo rematará isto? ¿levarán as pistolas cargadas ou serán balas de fojeo? ... moito ladrar e pouco morder, a ver se cambia a historia. ¿Quén correrá polo tanto no Loureiro´s? ¿Sabe o presidente a que hai montada na sección de raids? ... sejiremos informando.


domingo, 11 de julio de 2010

Pintaron bastos

Chegados do Campionato Ibérico de Raids de Aventura "SomozasExtreme", puidemos saber que pintaron bastos para o equipo Loureiro´s Raid Team.

O equipo incorporaba un novo raider para a ocasión, "Ricardangelo di Elviña", procedente de Italia, uníase ós raiders Astequitorix e Ioberto.

O esforzo e ilusión por facer un bo raid, disque se truncou no comezo da segunda sección, pasada unha hora e media de comezar o raid. Ioberto Carrilbicixa notou como a sua caixa de cambios non funcionaba correctamente, polo que decidiron baixar das burras e comprobar o estropicio que fixera nesta parte da bicicleta. Alí estiveron cincuenta minutos tratando de "arrancarlo", pero non houbo maneira. Ó final, decidiron reventar a cadea de trasmisión e acortala, e así ir a piñón fijo. O chaval non ía nin cara atrás. Gracias que atoparon un cordón de alpacas tirado nun camiño e fixeron un remolque que pasaría factura máis tarde. Os equipos ían pasando, e pasando, e pasando, e se iso non fose pouco, nunha baixada, por non querer soltar o "cable" do remolque, Ioberto arrebolou polo chan imitando ó mismísimo Valentino Rossi. Alí estaba, nunha toxeira, coma un jabalí escondido. Outra vez deron as grazas por non afectar este incidente á saude dos raiders. Era a etapa máis longa do raid, e tiveron que facela remolcando.

A seguinte sección era un trekking, e se o anterior non foi dabondo, na primeira baliza, o remolcador "Ricardangelo di Elviña", comezoulle a fallar o pistón dereito producto do grande esforzo feito na anterior sección. O caso foi que fixeron o trekking andando, e co obxectivo de facer as balizas do río antes de que anoitecese. Así foi e de volta para a asistencia, decidiron parar de pintar o caneco por ese día e o esperar á mañá do domingo para evaluar a situación. Foi a mellor opción, posto que Ricardangelo chegou coa perna arrastro, que mesmo lles pareceu ós compañeiros que lle quedara atrás dalgunha vez.

O domingo era outro día, e unha vez evaluada a situación e consultado o equipo médico que levou o equipo para este raid, decidiron que podian correr e a cousa pintou ben, posto que o equipo chegou sobre a septima posición da categoría élite (non fagades moito caso do dato).

Agora só falta esperar as primeiras declaracións dos raiders e do equipo técnico, valorando o seu paso polo SomozasExtreme.

martes, 29 de junio de 2010

Sin recursos

Así podemos titular o que aconteceu no raid de Carnota. O equipo atopouse o día da competición soamente con dous raiders para correr. Tras a cesión de Rubentotti Alcántara e a baixa de Ioberto Carrilbicixa, chegou o día da proba e non apareceu Astequitorix e o que foi peor, non apareceu a asistencia por ningún lado. Se isto non fose pouco, o equipo, que ía probar dous novos compoñentes para lubricar a máquina do Loureiro´s, non se puxo dacordo para que alguén do staff técnico se achegase a Carnota ver ós novos raiders. En definitiva, estamos á espera de que saquen os resultados provisionais para sacar algunha conclusión.

Tal é o asunto que ninguén do Loureiro´s sabe quén correu en Carnota con este tan ilustre nome e recoñecido equipo de raids.

Sábase que a inscrición está pagada, que os raiders foron de incógnito, sen equipación oficial e que chegaron a meta, non se sabe moi ben nin cómo nin cando, pero seica chegaron. Soamente se sabe que participaron, porque alguén recolleu a documentación e os dorsais. Isto vai ter que ser aclarado nalgún programa como "Ónde carallo vai", versión galeguizada do tan coñecido programa "Quien sabe dónde".

En fin, que a día de hoxe, non temos noticias nin aventuras do equipo Loureiro´s.


jueves, 24 de junio de 2010

Primeiros fichaxes

Tras a cesión de Rubentotti ó equipo Bombeiros Coruña Aventura, e unha vez que Ioberto Carrilbicixa se autodescarta para competir no famoso Raid de Carnota, o equipo quédase cun só integrante dos tres que comezaron a liga. Os últimos movementos do equipo Loureiro´s son a incorporación dun raider amateur, sen equipo coñecido e que ben a probar neste mítico equipo. A súa fichaxe foi complicada, posto que tiña varias ofertas doutros clubs e equipos, pero finalmente decidiuse por este por ter unha pequena posibilidade de proxección deportiva. O chaval non sabe moi ben onde se mete, pero seguro que será capaz de aguantar as envestidas dos veteranos.

O terceiro dos raiders para Carnota, ben apadriñado por un dos grandes da liga, Nolo DelNorte, que según poidemos saber, dou informes moi positivos e moi precisos sobre o raider en cuestión.

A presentación de ambos raiders farase minutos antes do briefing, pois todos sabemos que o equipo non é dos que madruga.

Con tanto cambio, quixemos saber as impresións do único dos tres raiders que comezaron a liga co Loureiro´s, Astequitorix, que tras varios días sen atender ós medios de comunicación, onte á noite nas cachelas de San Xoan, e logo dunhas tazas de viño do país e unhas sardiñas, dou as súas primeiras impresións: "Este raider vai ser unha incógnita, primeiro porque non coñezo ós compañeiros e segundo porque imos ter que contratar un chofer para que nos faga as asistencias, porque ver non vexo que haxa persoal para elo. Por outro lado, non sei quen leva as contas do equipo, pero é moito aforrar de nuestro señor ..."

martes, 22 de junio de 2010

Cedido

Despois de longas semanas buscando solucións ante os malos resultados de inicio de tempada, e despois de fracasar as fichaxes do galeno Julius Mufasa e o druida PanoGabyx, a pasada fin de semana sóubose por medio dun comunicado oficial do club, que Rubentotti Alcántara vai cedido ó Bombeiros Coruña Alternativo, na categoría aventura. Este feito é clave para o equipo Loureiro´s xa que non dispoñía de liquidez para poder fichar un raider en condicións. Ante o fracaso dos dous raiders do equipo Coruña Aventura, polo alto caché que había que pagar por eles, hoxe saiu á luz o contrato que tiña Rubentotti co Loureiro´s: 6 cañas semanais, a poder ser entre xoves e domingo, aínda que se aceptaba calquer día da semana; as fins de semana libres, comezando este o venres pola mañá; adestramento libre sen análisis de equipo; un fuet marca Casa Tarradellas para cada raid, así como neumáticos para a competición. Con esta cesión, o Loureiro´s intenta buscar un raider máis barato e con iguais ou superiores cualidades que o Alcántara.

Por outra banda, sábese que a cesión é ata final de tempada, coa condición de que sexa o orientador oficial e xefe de filas do equipo Alternativo, sempre e cando él queira. O Alternativo consegue así un raider de élite, con experiencia en largas distancias que saberá manexar moi ben este novo equipo, grazas a experiencia acadada no Loureiro´s.

As primeiras palabras do raider na rolda de prensa que tivo para a súa presentación foron: "Aquí estaré más tranquilo, sin tener que aguantar a los dos pájaros del Loureiro´s. Seguro que hacemos un buen papel y además mi contrato se ha visto mejorado de manera considerable, he pasado de 6 birras semanales a 8 sin contar las de los días especiales y cenas de equipo. Esto es un chollo".


domingo, 20 de junio de 2010

Demos pena futbolística ...


Esta semana pasada celebrouse o Campionato de España de Fútbol-7 para Bombeiros na cidade de Valladolid. Os integrantes da representación curuñesa foron: Mani Zamora, Chumpitaz Costoya (e por momentos a súa 2ª personalidade Goyo, tamén coñecido como "o primo"), Fernando Calderé, Rafenbauer, Rober Charlton, Rubéntotti, Dimitri Pablopoulos, BebeQuinho, TuruKiko Flores, Dani Alves e Valencia -o Baresi de Visma-. Os curuñeses prometían facer inolvidable este campionato, cun equipo plagado de estrelas pero nada máis lonxe da realidade, non se acordaron do adestrador. Por tal motivo, houbo que facer unha reunión de urxencia, na que se decidiu que Rafenbauer fixese tamén de Clemente (e no segundo partido de Domenech).

CRÓNICA:
As bolas do sorteo non deron boa sorte ós da Grela, e tiveron no seu grupo ó Consorcio de Gran Canaria e Murcia (campións en pasadas edicións) e un equipo de Valladolid da Liga de Peñas. Cos isleños perdemos 3-0, levándonos ó ego unhas redes postas entre 3 paus, que despois soubemos que eran as porterías onde había que meter o balón (ata ese momento pensábamos que había que votalas por fora). Comezábamos coas baixas, Calderé resentíase dunha patada e non contábamos con él para o seguinte partido. Nese segundo partido, cos da Liga de Peñas, pasounos factura as gañas de golear, que se volveu en contra nosa e, cando mellor o tíñamos para sumar os 3 puntos, comezamos a fallar goles sen porteiro producto quizáis dunha mala xestión do xogo e dun alumbramento divino do equipo contrario. Sumábamos unha baixa máis, Mani Zamora resentíase dunha caída enriba dunha tiopa e non podía xogar o seguinte partido. O seu posto ía cubrilo Pabliski, convertido neste caso en Zubizarreta. Ese terceiro partido, cos da orta do mediterráneo, pensábamos na posibilidade de gañar e así poder clasificarnos. Foi o mellor partido dos que xogamos, desta vez, destituido Domenech, ás órdenes de Mani Lotina. Tampouco dou resultado positivo e fixemos o que mellor sabemos facer "xogamos coma nunca e perdemos coma sempre". E aquí acabou a crónica.

PUNTUACIÓN DO EQUIPO:
En liñas xerais, Mani Zamora cumpliu con creces, ó mesmos que o mestre do fútbol inglés Rober Charlton (con dúas dianas) e o Baresi de Visma. Dani Alves cumpriu no último partido e non estivo mal nos dous anteriores. Fernando Calderé estivo ben en defensa e con varios erros nos pases. A súa ausencia no segundo partido, pasou factura a todo o equipo. Rafenbauer, por fin atopou o seu sitio, despois de 11 anos de ruta turística polos campos (dianteiro, interior, medio campo, ..., dianteiro outra ves, mediocampista, ...). Chumpitaz Costoya e o seu primo Goyo, aínda están resolvendo o seu conflicto e non podemos dar datos deles (aínda non sabemos ben quen é quen). E para o final queda a parte dianteira do equipo, a hecatombe, onde non souberon resolver en ningún momento dos partidos. Todos eles moi lentos e sen ideas para despistar ó porteiro (máis ben despistábanse entre eles). Pablinski pensou que ía xogar con mulleres (chicas y princesas) e atopouse cun campo cheo de coleiros, no que o contrario era máis listo que él. Non atopou o seu sitio nin o xogo de antaño. TuruKiko Flores, non amarrou nada do seu pasado e sen chispa, sen jasolina e sen pólvora fresca, marcou un gol cos da Lija de Peñas. Fallou imnumerables ocasións, con e sen porteiro. Rubentotti, fixo o que puido, ou máis ben o que sabe. Non tivo sorte de cara o gol. BebeQuinho, non dou o que se esperaba. Sen ideas, sen regate, sen velocidade, sen gañas, sen polvora, comezou a carburar cando quedamos eliminados (parecía un 850 en época de ferraris).

sábado, 12 de junio de 2010

Se ofrece

Cando todo parecía que ía quedar como estaba ata o de agora, e despois das interminables negociacións co equipo Aventura, hoxe sabemos que o raider do Bombeiros Coruña Élite, o italiano Breonatto Gondoletto se ofreceu días pasados ó Loureiro´s. Aínda que nun primeiro momento non era prioridade do equipo, máis interesado nos raiders do equipo Aventura, hoxe podemos adiantar que onte a noitiña, aló polas sete da tarde, houbo unha reunión entre o "ofrecido" e o staff técnico do equipo Loureiro´s. Ambos aproveitaron a ocasión de que o Patrón do Navío Élite, Marcus Gronholm se foi de viaxe de fin de semana a Extremadura, para acercar posicións para un posible acordo. Soamente se filtrou da reunión que Breonatto Gondoletto non está moi a gusto ás ordes do patrón, e que lle gustaría cambiar de aires canto antes. A única pega que atopa o Loureiro´s volve a ser o económico, posto que polo que puidemos saber, este raider non trae a súa carta de liberdade e créese que a cláusula de rescisión do mesmo pode ser elevada.

Seguiremos informando segundo nos vaian chegando noticias do que pode ser un divorcio en toda regla.

lunes, 7 de junio de 2010

O Aventura blinda ós seus raiders.


Despois dunha longa semana de negociación entre as partes implicadas, non hai acordo para que Julius Mufasa ou PanoGabyx corran co Loureiro´s. Aínda que a principios de semana se daba por finiquitado o acordo para un traspaso dalgún dos dous raiders, o mércores rompíanse as negociacións co mánager de Julius, o tamén raider Casanovas Clooney, que aumentaba o seu traspaso en 3 birras por semana ata final de tempada, ademáis do que primeiramente esixiu (limpeza da bicicleta despois dos adestramentos con engrasado de cadea e revisión de frenos, un par de birras en cada carreira e unha ducha quente ó finalizar cada raid). A tesoureiría do Loureiro´s viu imposible pagar semellante cláusula por un raider que cae da bicicleta cada dous por tres, por non falar das posibles lesións que puidera traer o galeno.

O outro raider implicado, PanoGabyx, aínda que manifestou públicamente as gañas que tiña de formar parte do Loureiro´s, renunciou de maneira unilateral a participar este ano no mesmo. Semella que unha orde interna do equipo Bombeiros Aventura lles fixo arrecuar ós dous. Sospéitase que a cláusula de rescisión traía algunha que outra coletilla, que non puidemos saber polo de agora.

As cousas complícanse no Loureiro´s Raid Team, que busca unha solución ós malos resultados acadados ata o de agora. O Staff técnico traballa a contrarreloxio para conseguir un raider competitivo, barato e que traia a cláusula de rescisión debaixo do brazo.

miércoles, 2 de junio de 2010

Noticias do druida


A noticia nos medios de comunicación deu os seus resultados. Un internauta mandounos esta foto sacada en terras do Infiernu Cántabro fai unhas semanas, manifestando que o individuo que estabamos a buscar é este mesmo. A foto foi mandada ó CNI da Grela para saber a veracidade da mesma. O resultado foi claro, "este tipo é o mesmo que o das imaxes das cavernas, nótase ben na maneira de traballar no pote e no cazo, a súa facilidade para mezclar os polvos e semillas, herbas e follas. Despois das investigacións realizadas pola policía científica, sabemos que se trata do coñecido PanoGabyx, polo que podemos concluir sen ningún tipo de dúbida, que esta é á persoa a que están buscando os Loureiro´s" concluiu o xefe da investigación.

Agora falta saber se o Loureiro´s Raid Team se atreverá a poñer enriba da mesa unha oferta polo druída, para que corra xa o vindeiro raid no equipo Élite.

lunes, 31 de mayo de 2010

O equipo busca nutricionista


O equipo técnico non para. Se fai unha semana se facía eco nos medios de comunicación do interese no galeno Julius Mufasa, hoxe sabemos que o staff técnico do equipo está a buscar unha posible solución para os problemas de pájaras, fame nejra e raras recaídas dos seus corredores. Estos días estiveron por terras leonesas, concretamente no Valle de la Tercia. Según contan as vellas, alí naceu fai anos unha especie de druida, meijo ou algo así, que combinada coma ninguén unha serie de herbas, polvos e outros productos naturais, que proporcionaban a quen os tomaba unha especie de climax físico e síquico, por non falar do sexual.

A búsqueda non dou os seus froitos e agora o equipo busca axuda a través dos medios de comunicación e da unha recompensa (unha estrella fresquiña) para quen poida dar algunha pista do susodicho druida.

A única pista que puideron traer do Valle foi un debuxo que apareceu en varias cabernas dos arredores da zona que vola mostramos aquí por si o vedes merodeando a nosa cidade.

miércoles, 26 de mayo de 2010

O diario Marca faise eco das pretensións do Loureiro´s Raid Team


A prensa deportiva nacional faise eco das pretensións do equipo Loureiro´s Raid Team. Aínda que o staff técnico do equipo nin desminte nin confirma a noticia que aparece na portada do diario Marca, fontes moi próximas a dito diario falan xa dunha reunión secreta nas terras Cántabras do Soplao, concretamente subindo o Moral. Nesta reunión, como pode verse nas páxinas interiores do diario, falaron da cláusula de rescisión de Julius Mufasa co equipo Aventura, así como algúns detalles do seu novo contrato. Os requerimentos do raider foron claros e o equipo Loureiro´s está estudiando as esixencias de Julius (limpeza da bicicleta despois dos adestramentos con engrasado de cadea e revisión de frenos, un par de birras en cada carreira e unha ducha quente ó finalizar cada raid).

O Loureiro´s Raid Team leva un 8º e 9º posto, moi por debaixo das pretensións do club, polo que está a buscar fichajes de primavera en terras galas principalmente. Ten menos dun mes para poder reforzarse e intentar conseguir colgarse ós postos altos da clasificación. Supoñemos que en vindeiros días fagan as primeiras declaracións as dúas partes.

martes, 18 de mayo de 2010

Dorsal 112 ... Emerxencia ...


Así comezamos o raid Odiseo de Ordes. O destino quixo que levásemos o dorsal 112, precisamente o teléfono de emerxencias. Non pintaba ben a cousa dende o principio e, aínda que fomos os primeiros en finalizar a 1ª sección (score-urbano), na 2ª sección (Btt) fomos reservando forzas por mor do raider Rubentoti Alcántara, que comezou a ter problemas físicos serios, non podendo coas pelotas ás primeiras de cambio. Aínda así, rematamos 3º na sección. A partir de aquí, unha sucesión de erros viñeron a levar ó traste as ilusións de conquistar o Odiseo.

Primeiro foi o erro no tiro con arco, no que o raider internacional Astequitorix Arranca case non acerta nin co muro, o que obligaba a facer un centro de diana no segundo tiro, cousa que foi imposible. Despois deste lance, todo cambiou, posto que houbo a "caída libre" do raider no regato, ou máis ben enriba da pedra, polo que tivemos que parar uns 4 minutos para recuperarnos. A dor xa non remataría ata o final da carreira. Por se isto non fora pouco, na revisión de material, Ioberto Carrilbicixa non atopou na súa mochila a manta térmica (aínda hoxe está buscando por ela), polo que penalizamos. Isto descentrounos un pouco, o que fixo que fósemos á baliza 17, tendo que ir buscar á 16 a continuación, polo que perdemos 25 minutos no traxecto. Para finalizar reducimos o ritmo a paso de tartaruga, pois Rubentoti Alcántara comezaba a ter síntomas de "esto no es para mi" e sucedíanse os calambres muscualres. No cambio de sección íamos 6º, con varios equipos nun puñado de minutos. Aproveitamos pois para facer unha paradiña para comer tranquilamente no box (rissotto de marisco con maiz crocanti y atún deleroski; pasta tricolori aljuevo con aceite dioro a las finas hierbas; spagetti dildia con salsa ditomate y prexel dabuela).

Na 4ª e última sección (btt-multiaventura), coincidimos polo camiño con varios Aventuras, intentando perder o menor tempo posible, posto que as forzas de Rubentoti eran prácticamente nulas. A cousa desmoronouse cando pasada a baliza 25, o corpo de Astequitorix quixo desfacerse de líquido, e aí comezou o problema. Un charco de sangue descentrou a todo o equipo, que pensou en retirarse pero que finalmente decidiu seguir ata onde poidesen as forzas. Mentres que Astequitorix comezaba a derrapar ca súa bicicleta polas costas arriba, pensando en rematar a pesadilla canto antes, Ioberto facía de gregario de Rubentoti e intentaba que este espabilase un pouco. A chegada á piragua, descansou Rubentoti, mentres fixo unha chamada ó 061 para informar do problema do raider Astequitorix, que se encontraba desorientado por non saber o que debía facer. Sae sen mapa, convencido do lugar das balizas, e chegan sen ticar a máis fácil, a baliza 28, ó pensar que estaba na primeira ponte. Noutras circunstancias, esa baliza aparecería, pero a mente de Astequitorix estaba na entreperna. A partires de ahí, e unha vez recuperado Rubentoti, foi seguir o percorrido marcado para coller as balizas e finalizar cun ritmo modélico.

No camiño atopamos ó equipo Bombeiros Coruña Aventura, que rompera a trócola dos piñóns do raider e druida Panogabyx. Finalmente entramos co 5º mellor tempo, sen contar a penalización nin a baliza 28.

Unha mágoa polas circunstancias, pois seguro que estabamos preparados para quedar en 5º ou 6º lugar.

jueves, 13 de mayo de 2010

Percance na estrada


A dous días do comezo do Odiseo, un dos raiders convocados para participar co Loureiro´s fixo añicos a súa máquina. Nun alarde de forza e velocidade, non foi quen de dar a curva e estampouse contra o mobiliario urbano da cidade. Como vemos na imaxe, o raider non sufre esmangadura ningunha o que non fai temer a súa presencia no vindeiro raid de Ordes. O que non temos tan claro é o da bicicleta. As declaracións á prensa, foi mediante un comunicado pola axencia Telepito-dígame..., na que explicaba a accidente: -"Me encontraba bien físicamente y luego de ver unhas chatis por la acera, me puse a tirar como un loco y no me fijé que había una curva. La velocidad era tremenda, con el golpe se fundieron los leds y se desprendieron hasta las pegatinas".

viernes, 7 de mayo de 2010

Pájara monumental


O primeiro adestramento dos 10000 del Soplao puxo a cada un no seu sitio. Con principio e fin en Bombeiros Park, o adestramento, aínda que non era esixente, fixo escabechina no pelotón. Nas primeiras de cambio comezaron a sair esas pequenas rachaduras do corpo, esas que non doen ata que esforzas a máquina un pouquiño máis. Un dos casos máis chamativos, foi a pájara que colleu un dos compoñentes do grupo que, unha vez subido o Porto Especial PicoXalo, non foi quen de recuperar as súas forzas para chegar á meta en Bombeiros Park.
Ante este terrible suceso, os servizos médicos do club, propuxeron que pasase un control médico antes da fin de semana, para poder atallar canto antes, unha posible falta de vitaminas e minerais, especialmente dos que están na cebada. Hoxe pola mañá, produciuse ese control médico nun prestixioso hospital da cidade.
As declaracións do convaleciente foron. "Xa o vía vir. O pico ese está alto de carallo e despois de estar un mes sen pegar pancada, non era de extrañar que pasase esto. Pero creo que non hai de que preocuparse. Aquí estanme a cargar as pilas con tanto cable enchufado, así que estaremos nunha forma óptima para o desafío do Odiseo... e quen non me crea ... que arranque...". Ante as múltiples preguntas que lle querían facer os moitos medios de comunicación que alí estaban, o raider zanjounas cun "aaaaarrrrannnco todos ehhh..."

lunes, 3 de mayo de 2010

O Presi fai as primeiras declaracións


Mentres os equipos de raid comezan a pensar no Odiseo, o Presidente do club sae cas primeiras declaracións despois dos últimos escándalos, excusándose nas viaxes ó estranxeiro buscando patrocinadores para o club. As primeiras palabras na rolda de prensa foron: "He tenido mucho trabajo y un sinfín de kilómetros recorridos por los aeropuertos. Como bien sabeis, la nube del volcán islandés me ha tenido tirado por los aeropuertos españoles y suizos, en donde he estado reuniéndome con varios posibles patrocinadores. Una vez resuelto este tema, me he puesto a trabajar para que no se vuelva a repetir estos escándalos que perjudican muy seriamente la imagen del club. El problema se ha resuelto de un golpe mio en la mesa, como presidente que soy. No se volverá a repetir y pido disculpas a nuestro socios y afición por lo acontecido. El tirón de orejas les habrá servido de mucho".

Ante a pregunta dun dos reporteiros sobre porqué non fixo un comunicado no seu día, a resposta do presi foi: "no es mi estilo, eso va más con el estilo del secretario, pero no he dado orden para ello, por eso no se hizo".

viernes, 30 de abril de 2010

A Conquista do Odiseo


Comezan os preparativos para a gran xesta de conquistar o Odiseo. Hoxe coñecemos os 3 integrantes da expedición "Loureira". Posan na fotografía para os diarios nacionais e internacionais conscientes da grande repercusión que vai ter esta expedición. "Quedan por diante uns 12 días de intensa preparación para aclimatarnos ó entorno que nos imos atopar en Ordes" -manifesta o capitán-, "para hoy (viernes), tenemos previsto asistir a la Gala contra el Cancer, que tiene lugar en la localidad, y en la que tocarán Kate Ryan, Carlos Baute y la Pantoja, entre otros, pero yo prefiero la Panorama, por eso de bailar salsitas, merengues y todos esos bailecitos eróticos para bailar con las chatis" -manifesta o máis infantil de todos-, "tampouco fará falta tomalo tanto en serio ¿non?, digo eu ehhh" -palabras de Roberio Carrilbicixa-.

O certo é que esperamos ter máis información detallada de cómo transcurre o día a día dos nosos raiders.

lunes, 26 de abril de 2010

Desfeita no Raid de Tarragona


Tras a baixa do equipo Loureiro´s para o raid de Tarragona que se celebrou esta fin de semana, os nosos compañeiros do "Élite" viñeron peor do que sairon. Aínda non ben acababan de comezar o raid cando unha inoportuna caída da bicicleta, producida por unha rana tarraconense que se cruzou no camiño do raider Alfonso Jijijij, o que bateu cos osos no chan, e como consecuencia do triste accidente falaceu a rana e saiu mal parado o raider, que cambiu a clavícula de sitio.
Alfonso Jijijij foi sometido a cirugía por un doutor e catro ferreiros, que utilizaron unha placa e 6 tornillos, para poñerlle a clavícula no seu sitio.
As primeiras declaracións de Alfonso Jijijij despois da intervención foron estas: - "non sei se foi unha rana ou unha abella que me picou no nariz, pero atópome algo raro"

domingo, 25 de abril de 2010

Presentación da nova bicicleta


Hoxe pola tarde presentouse a nova bicicleta do equipo Loureiro´s Raid Team. A súa fiabilidade para ver as balizas de lonxe é total, aumentando nun 89% a visión da mesma en monte espeso, e sendo practicamente infalible en monte raso, onde alcanza unha porcentaxe de visión dun 97,7%.
Aínda que pareza pouco fiable nas corredoiras, parece que non é tal, posto que podes impulsarte nas árbores que están na beira dos camiños.
As primeiras palabras do probador unha vez baixado da bicicleta foron: - "É bastante fiable, pero hai que mellorar un pouquiño a suspensión e a aerodinámica. De modo que está non somos competitivos, os outros equipos están moi fortes e van un paso por diante nosa neses dous aspectos. Temos tempo para mellorar antes da próxima carreira. A factoría de "Maranelo" está votándonos unha mán"

miércoles, 21 de abril de 2010

Adestramentos secretos


Dende que houbo a filtración de que pode haber unha sección de patíns no vindeiro raid de Ordes, o equipo Loureiro´s Raid Team non perde o tempo e mesmo poidemos ver a un compoñente nuns adestramentos secretos sobre estes artiluxios. Na foto pódese observar a perfecta camuflaxe, composto por un xersei talla XXXL, e unha saia ata os tobillos. Un perfecto conxunto que pasa desapercibido polo lugar de adestramento, Os Cantóns da Coruña e Rúa Real. Por si podía alguén recoñecelo, púxose un gorro estilo mariñeiro, acorde co estilo "fassión" do distrito Obelisco. Para finalizar, e como por eses lugares todo o mundo leva algo na mán, levaba unha especie de bolso-mantero, estilo "Bimba&Mango" moi propio tamén dese estilo especial.

En definitiva, ninguén se percatou de quén era, nin o que estaba facendo. Unha perfecta equipación que seguro volverá a repetir para vindeiros adestramentos.

Tal foi o conto, que os outros dous compoñentes do equipo, vírono pasar e só puideron dicir: - "Esta si me la pillo, ... ai, ai, aaaaiiii, ..." , ó que o outro contestou ... - "aaaarranca hoooombre".

lunes, 19 de abril de 2010

Un novo escándalo salpica a imaxe da asociación


Soamente pasou un día dende o escándalo coa Jolie e volve aparecer na web e nos medios de comunicación un vocal da asociación de bombeiros en baños menores. O que parecía unha balsa tranquila, converteuse nunha tormenta tropical, con forte marexada e mar picado.


O presidente, desconcertado, acaba de declarar nos medios de comunicación: "La imagen de la asociación está por encima de todo y si no sabemos comportarnos, tendré que tomar manos en el asunto. Esto es un despropósito y hay que atajarlo. En breve convocaré una reunión urgente en la que le pondré las pilas a determinados directivos".

Mentres, os implicados nos fan declaración algunha e non se deixan ver por ningún lado.

domingo, 18 de abril de 2010

Escándalo rosa nas filas do club



Aínda estamos na pretemporada coma quen dí, e xa comezamos cos escarceos amorosos. Despois dun adestramento de piragua bastante mediocre, aparecen fotografías do 3º en discordia, cunha coñecida actriz de "Jolibú". Aínda que o club está intentando comprar ditas fotos para non enturbiar a imaxe, o presuposto desta tempada non da nin para invitar ó paparazzi a un quinto de estrella. Mentres tanto o raider descúlpase dicindo: "eh, ehhh ... e que non cenei ...".

sábado, 17 de abril de 2010

Comezo do adestramento específico



Onte tocou adestramento específico de kayak, despois do grande fiasco que tivo o equipo nesta sección no pasado raid de Paderne.

A sesión comezou co sonido do despertador ahí polas 7:30 da mañá, aínda cando estaban os galos no corral. Un almorzo lixeiro, composto por tostadas de manteiga e mermelada a fartar, zumo de naranxa a litros e unhas tiriñas de beicon para ter algo que remoer mentres remábamos.

Como ben se pode ver na foto do adestramento, o río cheo de auga ata os topes, non fixo votar para atrás ós compoñentes do Loureiro´s Raid Team que, moi ben preparados, votáronse a auga para competir coas correntes salvaxes e remuiños interminables.

A cousa rematou ben, un xantar nunha coñecida taberna da zona, cun viño da casa desos que deixan mancha ata o quinto lavado.

jueves, 15 de abril de 2010

I Raid Casa Sixto -Paderne-


1ª proba da Liga Galega de Raids de Aventura, celebrado o pasado 10 de abril en Paderne.

A sorpresa chegou na alineación para esta proba, na que apareceu a compeñente feminina "Pris", escoltada por Quito "El Gran Capitán" e Io "El Gran Escudero".

Da carreira podemos comentar o bo inicio na sección de score-trekking, despois de adentrarnos coma verdadeiros xabaríns, no espeso monte das terras de Paderne. Entre folgo e folgo (tamén descansamos algo polo medio), coincidimos cun corzo, que máis ben parecía Super Mario Bros disfrazado cos saltos que daba o animal. Veña rumbos, veña atallos, e ó final rematamos 5º nesta sección.
Na btt, comezamos a orientar asejún pegase o vento, así nos foi, que para atopar a 1ª baliza, recorremos medio concello, pero atopar, atopámola. A continuación, veu a 2ª que tiña máis envidia da 1ª do que esperábamos e, despois de que o mapa nos fixera unha das súas (creo que o camiño estaba un pouco mal sinalizado), o monte fíxonos das súas e aparecemos na puta selva, hasta creo que había alguén seguíndonos colgados ás árbores. En fin, que cando nos demos conta, a ventaxa que levábamos na 1ª sección, era nula. Aló aparecemos cunha tropa de equipos que xa non sabíamos de quén era quén. No final da sección, apareceu o espiritu de equipo e comezamos a cabalgar coma auténticos mosqueteiros, facendo sufrir á bicicleta coma se fose unha besta con fame. E chegamos, e seguimos coa 3ª sección, un trekking con piragua incluída. Ó noso ritmo e clavando as balizas, pero cando chegamos á auga, haaaai o mal que me levo eu coa auga, fría coma o xeo, pero aló fomos, entramos na piragua que íbamos comer o mundo ... e case nos pasa coma a armada invencible, comezou unha marejada del carallo coa que tivemos que pelexar, pero coas boas dotes de patrón de embarcacións de recreo conseguimos chegar a bo porto. Logo faltaba chegar a meta. Non foi tarea fácil, poñéndose complicada a baliza 11, que conseguimos atopar mirando cara o mar a mui cabrona. E finalmente a baliza 14 que equivoquei un camiño pintado no mapa cun que non estaba (e estaban ben preto un do outro). Como as forzas eran poucas e o tempo máis pequeno aínda, decidimos deixala e que a buscasen os outros equipos, que alí non ía quedar. Chegamos á meta con tempo dabondo como para pensar que podíamos quedar mellor do que pensabamos. E finalmente, así foi ...

8º posto. Ahhh, e recollemos o trofeo ó 3º mellor equipo Aventura da tempada 2009. Un luxo vamos ...