miércoles, 18 de abril de 2012

Raid Odiseo 2012. O que mal empeza ...

Según puido saber este noticieiro días antes do gran acontecemento que se ía producir en Ordes, a ausencia do equipo Bombeiros Coruña-A Santa Compaña Raid Team, produciuse por causas económicas entre os raiders e o patrocinador. Aínda que nada sabemos polo momento de dito enfrontamento, este noticieiro está a traballar e investigar este mal comenzo de tempada deste equipo.

O caso é que un dos seus integrantes, foi "repescado" a última hora polo equipo Pro-3 Natura, que andaba falto de persoal.

Comezaron pois, mal as cousas xa días antes e, por se non fora pouco, ese mesmo día comezaron xa os tropezos nada máis levantarse da cama. Astequitorix levantouse coas "tripas" enrarecidas, mesmo parecía que o ían comer por completo. Máis tarde, cando se dispoñían a xuntarse no lugar de concentración, Agostinho Vorja Da Cunha perdeu o autobús que o ía traer ata o lugar de concentración, polo que houbo que ir por él. Por último, o último raider que faltaba con recoller, Ricardángelo di Elviña, cando ía recoller a súa bici, esta coma se dun expectro se tratase, cobrou vida propia e aló se lle escapou unha roda.

O tempo votávase enriba e os tres raiders marcharon xuntos cara Ordes. O día non era dos mellores, choiva, granizo, frío e por zonas algo de vento, e choiva, e máis choiva. 

As 10 deuse a saída deste apasionate raid con 95 Km repartidos en 4 seccións (rogaine, btt, trekking e btt) e onde ía ser a primeira vez que ían correr estes tres personaxes. En resume, na 1ª sección (rogaine), cando se deron contan, ían sen road-book, e aló seguiron sen él. Falto de orientar nun raid (era a primeira vez que o facía) Ricardángelo di Elviña levounos a terras descoñecidas, no que por moito que buscasen, a baliza 18 facíase prácticamente imposible de atopar naqueles silbeirales nos que se atopaban. Cando decidiron outra nova estratexia, non se percataron de poñer o cronómetro na saída, polo que andaban co tempo "máis ou menos serán as ..." e máis ben ... era máis, posto que chegaron dous minutos tarde ó control, polo que lles foi descalificada toda a 1ª sección. Levaban 1 hora 32 minutos pateando e levaban 0 balizas. A partir de ahí, foron algo descentrados que, xunto co granizo e o frío fixo que non se sentisen a gusto en ningún momento. A todo íso, houbo que sumarlle as tripas de Astequitorix, a caída no río de Agostinho Vorja Da Cunha, que tamén fixo dúas veces o cucho carneiro na bicicleta e os constantes erros de orientación.

En difenitiva, demasiados contratempos para un día de aventura. Finalmente, foron quen de finalizar o raid, sabedores que o resultado ía ser peor que o peor dos resultados imaxinados. 

Tras publicar os resultados, o Pro-3 Natura quedou 3º .... pola cola na categoría élite. E como todo non ía ser malo, ahí se puxeron os 3 raiders nas mesas que a organización tiña preparado para os pinchos de confraternidade. Un churrasco que lle soubo a gloria (sobre todo a Astequitorix, que non paraba de ir "falar" con Roca). Quizáis ahí gañaron por nº de osos e tempo permitido.

martes, 10 de abril de 2012

Raid de Xermade

Despois de moito esperar e da desaparición do equipo Loureiro´s Raid Team por falta de pago ós seus raiders, e despois de que estos se apuntasen na "Lista do Paro" e pensando que nunca máis os voltaríamos a ver, sorprendeunos o club Bombeiros Coruña, cun equipo procedente das estrelas, do máis alá, da eternidade. A Santa Compaña Raid Team, aparece como un equipo composto por almas perdidas polo mundo adiante.

Atopamos a Astequitorix comandando o equipo, xunto con Abdel Hakîm Patanegra e Nadîm JoseMari, dous marroquís chegados non se sabe moi ben cómo, a terras castrexas.

O obxectivo do equipo da Santa Compaña era moi sinxelo, chegar á meta fose como fose. Despois das debidasa presentacións antes do breafing (non expensas de dificultade, polo idioma de cada un), saíron os desalmados coma lóstregos para atopar en primeira posición a primeira das balizas das que se compoñía o raid.

Todo foi un espellismo.

Por diante quedaban un mínimo de 75 quilómetros a percorrer en btt, kaiak e trekking, e atopar as 37 balizas, repartidas nas 5 seccións das que se compoñía o raid.

Finalizada a 1ª sección (trekking) nunha posición cómoda, arrancaron para os 25 km en btt, na que se lles deu bastante ben, pero onde perderon moito tempo en "ticar" as balizas (a sotana enredábase nas pernas). Todo o que gañaban enriba da bicicleta o perdían nos "tiques".

Comezaron a 3ª sección (trekking), moi entusiasmados, posto que todos eles se lles daba ben o correr, peeeero, unha mala hidratación e unha mala dixestión, fixo que unha das almas comezase a predicar polas corredoiras en cada cruce que había. Ahí comezaba o via crucis particular. Quedaba moito raid e había que baixar o pistón. Despois dunha pequena recuperación, pasaron á sección 4, a máis longa do raid, con 27 km (btt, trekking, kaiak, trekking e btt). Coas forzas moi consumidas, aló se foron á aventura a intentar recuperarse pouco a pouco e o que sucedeu, foi todo o contrario. Antes de chegar á zona de kaiak, outra das almas comezou a renquear dun xeonllo.

Había tempo para recuperar ... as almas, posto que o tempo perdido xa era moito. Así foi, de volta da piragua, e despois dun garrafal erro de orientación, no que as almas se meteron no máis profundo do monte de xermade, ían aparecendo dunha en unha no máis alto do monte. Recuperaron algo na bici, ou polo menos nos perderon. Coa derradeira sección (a 5ª, btt e 12 km), e despois de tomar a poción máxica de última hora, conseguida nunha pequena vila gala, volaron polos montes de Xermade. Comentan as malas línguas que a estas almas lle cheiraba a callos, e como a fame era moita, voaron cara a meta.

Finalmente, chegaron no posto 12 da categoría élite, un resultado que, se nun principio sabía a pouco, ó final soubo a moito, indo como foron durante todo o raid.

Está claro que o equipo estaba moi descompensado, sendo normal, posto que nunca correran xuntos e incluso se presentaron antes da carreira.

Dentro de pouoc hai unha nova proba de raids, no que saberemos ... se comeron callos ou non.