martes, 29 de junio de 2010

Sin recursos

Así podemos titular o que aconteceu no raid de Carnota. O equipo atopouse o día da competición soamente con dous raiders para correr. Tras a cesión de Rubentotti Alcántara e a baixa de Ioberto Carrilbicixa, chegou o día da proba e non apareceu Astequitorix e o que foi peor, non apareceu a asistencia por ningún lado. Se isto non fose pouco, o equipo, que ía probar dous novos compoñentes para lubricar a máquina do Loureiro´s, non se puxo dacordo para que alguén do staff técnico se achegase a Carnota ver ós novos raiders. En definitiva, estamos á espera de que saquen os resultados provisionais para sacar algunha conclusión.

Tal é o asunto que ninguén do Loureiro´s sabe quén correu en Carnota con este tan ilustre nome e recoñecido equipo de raids.

Sábase que a inscrición está pagada, que os raiders foron de incógnito, sen equipación oficial e que chegaron a meta, non se sabe moi ben nin cómo nin cando, pero seica chegaron. Soamente se sabe que participaron, porque alguén recolleu a documentación e os dorsais. Isto vai ter que ser aclarado nalgún programa como "Ónde carallo vai", versión galeguizada do tan coñecido programa "Quien sabe dónde".

En fin, que a día de hoxe, non temos noticias nin aventuras do equipo Loureiro´s.


jueves, 24 de junio de 2010

Primeiros fichaxes

Tras a cesión de Rubentotti ó equipo Bombeiros Coruña Aventura, e unha vez que Ioberto Carrilbicixa se autodescarta para competir no famoso Raid de Carnota, o equipo quédase cun só integrante dos tres que comezaron a liga. Os últimos movementos do equipo Loureiro´s son a incorporación dun raider amateur, sen equipo coñecido e que ben a probar neste mítico equipo. A súa fichaxe foi complicada, posto que tiña varias ofertas doutros clubs e equipos, pero finalmente decidiuse por este por ter unha pequena posibilidade de proxección deportiva. O chaval non sabe moi ben onde se mete, pero seguro que será capaz de aguantar as envestidas dos veteranos.

O terceiro dos raiders para Carnota, ben apadriñado por un dos grandes da liga, Nolo DelNorte, que según poidemos saber, dou informes moi positivos e moi precisos sobre o raider en cuestión.

A presentación de ambos raiders farase minutos antes do briefing, pois todos sabemos que o equipo non é dos que madruga.

Con tanto cambio, quixemos saber as impresións do único dos tres raiders que comezaron a liga co Loureiro´s, Astequitorix, que tras varios días sen atender ós medios de comunicación, onte á noite nas cachelas de San Xoan, e logo dunhas tazas de viño do país e unhas sardiñas, dou as súas primeiras impresións: "Este raider vai ser unha incógnita, primeiro porque non coñezo ós compañeiros e segundo porque imos ter que contratar un chofer para que nos faga as asistencias, porque ver non vexo que haxa persoal para elo. Por outro lado, non sei quen leva as contas do equipo, pero é moito aforrar de nuestro señor ..."

martes, 22 de junio de 2010

Cedido

Despois de longas semanas buscando solucións ante os malos resultados de inicio de tempada, e despois de fracasar as fichaxes do galeno Julius Mufasa e o druida PanoGabyx, a pasada fin de semana sóubose por medio dun comunicado oficial do club, que Rubentotti Alcántara vai cedido ó Bombeiros Coruña Alternativo, na categoría aventura. Este feito é clave para o equipo Loureiro´s xa que non dispoñía de liquidez para poder fichar un raider en condicións. Ante o fracaso dos dous raiders do equipo Coruña Aventura, polo alto caché que había que pagar por eles, hoxe saiu á luz o contrato que tiña Rubentotti co Loureiro´s: 6 cañas semanais, a poder ser entre xoves e domingo, aínda que se aceptaba calquer día da semana; as fins de semana libres, comezando este o venres pola mañá; adestramento libre sen análisis de equipo; un fuet marca Casa Tarradellas para cada raid, así como neumáticos para a competición. Con esta cesión, o Loureiro´s intenta buscar un raider máis barato e con iguais ou superiores cualidades que o Alcántara.

Por outra banda, sábese que a cesión é ata final de tempada, coa condición de que sexa o orientador oficial e xefe de filas do equipo Alternativo, sempre e cando él queira. O Alternativo consegue así un raider de élite, con experiencia en largas distancias que saberá manexar moi ben este novo equipo, grazas a experiencia acadada no Loureiro´s.

As primeiras palabras do raider na rolda de prensa que tivo para a súa presentación foron: "Aquí estaré más tranquilo, sin tener que aguantar a los dos pájaros del Loureiro´s. Seguro que hacemos un buen papel y además mi contrato se ha visto mejorado de manera considerable, he pasado de 6 birras semanales a 8 sin contar las de los días especiales y cenas de equipo. Esto es un chollo".


domingo, 20 de junio de 2010

Demos pena futbolística ...


Esta semana pasada celebrouse o Campionato de España de Fútbol-7 para Bombeiros na cidade de Valladolid. Os integrantes da representación curuñesa foron: Mani Zamora, Chumpitaz Costoya (e por momentos a súa 2ª personalidade Goyo, tamén coñecido como "o primo"), Fernando Calderé, Rafenbauer, Rober Charlton, Rubéntotti, Dimitri Pablopoulos, BebeQuinho, TuruKiko Flores, Dani Alves e Valencia -o Baresi de Visma-. Os curuñeses prometían facer inolvidable este campionato, cun equipo plagado de estrelas pero nada máis lonxe da realidade, non se acordaron do adestrador. Por tal motivo, houbo que facer unha reunión de urxencia, na que se decidiu que Rafenbauer fixese tamén de Clemente (e no segundo partido de Domenech).

CRÓNICA:
As bolas do sorteo non deron boa sorte ós da Grela, e tiveron no seu grupo ó Consorcio de Gran Canaria e Murcia (campións en pasadas edicións) e un equipo de Valladolid da Liga de Peñas. Cos isleños perdemos 3-0, levándonos ó ego unhas redes postas entre 3 paus, que despois soubemos que eran as porterías onde había que meter o balón (ata ese momento pensábamos que había que votalas por fora). Comezábamos coas baixas, Calderé resentíase dunha patada e non contábamos con él para o seguinte partido. Nese segundo partido, cos da Liga de Peñas, pasounos factura as gañas de golear, que se volveu en contra nosa e, cando mellor o tíñamos para sumar os 3 puntos, comezamos a fallar goles sen porteiro producto quizáis dunha mala xestión do xogo e dun alumbramento divino do equipo contrario. Sumábamos unha baixa máis, Mani Zamora resentíase dunha caída enriba dunha tiopa e non podía xogar o seguinte partido. O seu posto ía cubrilo Pabliski, convertido neste caso en Zubizarreta. Ese terceiro partido, cos da orta do mediterráneo, pensábamos na posibilidade de gañar e así poder clasificarnos. Foi o mellor partido dos que xogamos, desta vez, destituido Domenech, ás órdenes de Mani Lotina. Tampouco dou resultado positivo e fixemos o que mellor sabemos facer "xogamos coma nunca e perdemos coma sempre". E aquí acabou a crónica.

PUNTUACIÓN DO EQUIPO:
En liñas xerais, Mani Zamora cumpliu con creces, ó mesmos que o mestre do fútbol inglés Rober Charlton (con dúas dianas) e o Baresi de Visma. Dani Alves cumpriu no último partido e non estivo mal nos dous anteriores. Fernando Calderé estivo ben en defensa e con varios erros nos pases. A súa ausencia no segundo partido, pasou factura a todo o equipo. Rafenbauer, por fin atopou o seu sitio, despois de 11 anos de ruta turística polos campos (dianteiro, interior, medio campo, ..., dianteiro outra ves, mediocampista, ...). Chumpitaz Costoya e o seu primo Goyo, aínda están resolvendo o seu conflicto e non podemos dar datos deles (aínda non sabemos ben quen é quen). E para o final queda a parte dianteira do equipo, a hecatombe, onde non souberon resolver en ningún momento dos partidos. Todos eles moi lentos e sen ideas para despistar ó porteiro (máis ben despistábanse entre eles). Pablinski pensou que ía xogar con mulleres (chicas y princesas) e atopouse cun campo cheo de coleiros, no que o contrario era máis listo que él. Non atopou o seu sitio nin o xogo de antaño. TuruKiko Flores, non amarrou nada do seu pasado e sen chispa, sen jasolina e sen pólvora fresca, marcou un gol cos da Lija de Peñas. Fallou imnumerables ocasións, con e sen porteiro. Rubentotti, fixo o que puido, ou máis ben o que sabe. Non tivo sorte de cara o gol. BebeQuinho, non dou o que se esperaba. Sen ideas, sen regate, sen velocidade, sen gañas, sen polvora, comezou a carburar cando quedamos eliminados (parecía un 850 en época de ferraris).

sábado, 12 de junio de 2010

Se ofrece

Cando todo parecía que ía quedar como estaba ata o de agora, e despois das interminables negociacións co equipo Aventura, hoxe sabemos que o raider do Bombeiros Coruña Élite, o italiano Breonatto Gondoletto se ofreceu días pasados ó Loureiro´s. Aínda que nun primeiro momento non era prioridade do equipo, máis interesado nos raiders do equipo Aventura, hoxe podemos adiantar que onte a noitiña, aló polas sete da tarde, houbo unha reunión entre o "ofrecido" e o staff técnico do equipo Loureiro´s. Ambos aproveitaron a ocasión de que o Patrón do Navío Élite, Marcus Gronholm se foi de viaxe de fin de semana a Extremadura, para acercar posicións para un posible acordo. Soamente se filtrou da reunión que Breonatto Gondoletto non está moi a gusto ás ordes do patrón, e que lle gustaría cambiar de aires canto antes. A única pega que atopa o Loureiro´s volve a ser o económico, posto que polo que puidemos saber, este raider non trae a súa carta de liberdade e créese que a cláusula de rescisión do mesmo pode ser elevada.

Seguiremos informando segundo nos vaian chegando noticias do que pode ser un divorcio en toda regla.

lunes, 7 de junio de 2010

O Aventura blinda ós seus raiders.


Despois dunha longa semana de negociación entre as partes implicadas, non hai acordo para que Julius Mufasa ou PanoGabyx corran co Loureiro´s. Aínda que a principios de semana se daba por finiquitado o acordo para un traspaso dalgún dos dous raiders, o mércores rompíanse as negociacións co mánager de Julius, o tamén raider Casanovas Clooney, que aumentaba o seu traspaso en 3 birras por semana ata final de tempada, ademáis do que primeiramente esixiu (limpeza da bicicleta despois dos adestramentos con engrasado de cadea e revisión de frenos, un par de birras en cada carreira e unha ducha quente ó finalizar cada raid). A tesoureiría do Loureiro´s viu imposible pagar semellante cláusula por un raider que cae da bicicleta cada dous por tres, por non falar das posibles lesións que puidera traer o galeno.

O outro raider implicado, PanoGabyx, aínda que manifestou públicamente as gañas que tiña de formar parte do Loureiro´s, renunciou de maneira unilateral a participar este ano no mesmo. Semella que unha orde interna do equipo Bombeiros Aventura lles fixo arrecuar ós dous. Sospéitase que a cláusula de rescisión traía algunha que outra coletilla, que non puidemos saber polo de agora.

As cousas complícanse no Loureiro´s Raid Team, que busca unha solución ós malos resultados acadados ata o de agora. O Staff técnico traballa a contrarreloxio para conseguir un raider competitivo, barato e que traia a cláusula de rescisión debaixo do brazo.

miércoles, 2 de junio de 2010

Noticias do druida


A noticia nos medios de comunicación deu os seus resultados. Un internauta mandounos esta foto sacada en terras do Infiernu Cántabro fai unhas semanas, manifestando que o individuo que estabamos a buscar é este mesmo. A foto foi mandada ó CNI da Grela para saber a veracidade da mesma. O resultado foi claro, "este tipo é o mesmo que o das imaxes das cavernas, nótase ben na maneira de traballar no pote e no cazo, a súa facilidade para mezclar os polvos e semillas, herbas e follas. Despois das investigacións realizadas pola policía científica, sabemos que se trata do coñecido PanoGabyx, polo que podemos concluir sen ningún tipo de dúbida, que esta é á persoa a que están buscando os Loureiro´s" concluiu o xefe da investigación.

Agora falta saber se o Loureiro´s Raid Team se atreverá a poñer enriba da mesa unha oferta polo druída, para que corra xa o vindeiro raid no equipo Élite.