
Chegados do Campionato Ibérico de Raids de Aventura "SomozasExtreme", puidemos saber que pintaron bastos para o equipo Loureiro´s Raid Team.
O equipo incorporaba un novo raider para a ocasión, "Ricardangelo di Elviña", procedente de Italia, uníase ós raiders Astequitorix e Ioberto.
O esforzo e ilusión por facer un bo raid, disque se truncou no comezo da segunda sección, pasada unha hora e media de comezar o raid. Ioberto Carrilbicixa notou como a sua caixa de cambios non funcionaba correctamente, polo que decidiron baixar das burras e comprobar o estropicio que fixera nesta parte da bicicleta. Alí estiveron cincuenta minutos tratando de "arrancarlo", pero non houbo maneira. Ó final, decidiron reventar a cadea de trasmisión e acortala, e así ir a piñón fijo. O chaval non ía nin cara atrás. Gracias que atoparon un cordón de alpacas tirado nun camiño e fixeron un remolque que pasaría factura máis tarde. Os equipos ían pasando, e pasando, e pasando, e se iso non fose pouco, nunha baixada, por non querer soltar o "cable" do remolque, Ioberto arrebolou polo chan imitando ó mismísimo Valentino Rossi. Alí estaba, nunha toxeira, coma un jabalí escondido. Outra vez deron as grazas por non afectar este incidente á saude dos raiders. Era a etapa máis longa do raid, e tiveron que facela remolcando.
A seguinte sección era un trekking, e se o anterior non foi dabondo, na primeira baliza, o remolcador "Ricardangelo di Elviña", comezoulle a fallar o pistón dereito producto do grande esforzo feito na anterior sección. O caso foi que fixeron o trekking andando, e co obxectivo de facer as balizas do río antes de que anoitecese. Así foi e de volta para a asistencia, decidiron parar de pintar o caneco por ese día e o esperar á mañá do domingo para evaluar a situación. Foi a mellor opción, posto que Ricardangelo chegou coa perna arrastro, que mesmo lles pareceu ós compañeiros que lle quedara atrás dalgunha vez.
O domingo era outro día, e unha vez evaluada a situación e consultado o equipo médico que levou o equipo para este raid, decidiron que podian correr e a cousa pintou ben, posto que o equipo chegou sobre a septima posición da categoría élite (non fagades moito caso do dato).
Agora só falta esperar as primeiras declaracións dos raiders e do equipo técnico, valorando o seu paso polo SomozasExtreme.