miércoles, 14 de septiembre de 2011

Esperando cobrar os atrasos

Este medio de comunicación, faise eco, despois de moito tempo, do que realmente aconteceu con aquel mítico equipo Loureiro´s Raid Team. Segundo poideron saber os investigadores deste medio, os raiders non cobraron aínda as mensualidades do 2010, polo que se declararon en folga de traballo (e xa levan todo o ano). Esto levou a que os raiders se buscasen a vida para esta tempada 2011. Vímolos participar con varios equipos, co Bombeiros Coruña -Pro-3 Natura, co Bombeiros Coruña-Noroeste e Bombeiros Coruña-Clembuterol raid Team hastasorellas, e mesmo non os vimos competir. Agora, finalizando a liga 2011, estamos á espera que nos concedan unha exclusiva na que nos poidan contar todo o que aconteceu este ano.

Primeiramente, o porqué desta folga indefinida e segundamente porqué non se viron nin adestrar, sabedores de que anda algún ricachón na procura dun gran equipo. Estemos esperando as respostas.

miércoles, 6 de julio de 2011

O Loureiro´s segue vivo


Despois de moito tempo sen saber nada deste equipo mítico e extraordinario, a nosa redacción comezou a traballar en saber porqué o Loureiro´s Raid Team non facía acto de presenza esta tempada na liga galega de raids de aventura. Tras moito indagar, e moitos "disques" (dique se levan mal...; disque non hai quen os ature ...; disque comen hamburguesas e perritos coma os americanos ...; disque disque foron separados do club; disque disque ...), soubemos que o equipo non foi quen de desembolsar nin un patacón por conseguir un raider que fixese equipo cos inigualables, incomparables e extraordinarios raiders Astequitorix e Ioberto. Non só iso, senón que tampouco foi quen de conseguir un sponsor coma é debido, nin ningún mecánico e cociñeiro cualificado para competir con garantías na extraordinaria Liga Galega de Raids de Aventura.

Consecuencia de todo isto, o equipo directivo conseguiu meter ós dous raiders en varios equipos durante esta tempada, co que espera sacar beneficio económico para o día a día (mazáns do gadis, peixe do muro, leite da casa, jalletas da risa e carneiros do ... carneiros hai dabondo no parque). O caso é que calquer día reaparece e sabremos se este distanciamento os fixo máis fortes.

Polo de agora, Astequitorix, leva 3 de 3 cuartos postos, cousa que non foi capaz de facer en tempadas pasadas e o Ioberto ..., este pouco correu, e o que fixo foi andar cejo perdido polo monte.

Seguiremos detrás da pista.

martes, 8 de marzo de 2011

presentación de OPA hostil

A menos dunha semana do primeiro raid de aventura, o Loureiro´s Raid Team atopouse o martes, día do patrón de bombeiros, cunha OPA hostil(oferta pública de adquisición de valores) por parte do equipo Élite do bombeiros Coruña. O Loureiro´s, que nas últimas horas estaba en conversacións con varios raiders para pechar a primeira convocatoria do equipo, atopouse con esta OPA, non tendo marxe para reaccionar, polo que, aínda que falta por saber cómo quedará o contrato, sabemos que para este primeiro raid, o emblemático equipo non corre, e polo que puido saber este medio de comunicación, Ioberto correrá neste primeiro raid co equipo Élite. Pola outra banda Astequitorix comentou que estaba moi afectado polos acontecementos producidos nestas últimas horas, e espera que nas vindeiras semanas poda votar atrás dita OPA, antes de que esta se faga efectiva. Intentaremos estar informados.

viernes, 4 de marzo de 2011

buscando debaixo da terra


Unha vez sabido que o preconcurso de acreedores non se levou a cabo (posto que parece que a maior parte dos equipos están igual ou peor que este), o Loureiro´s Raid Team non perde a calma nin se resigna a participar na primeira carreira do ano, o raid de Xermade. Onte á tardiña, vimos cómo adestraban os dous raiders oficiais do equipo. Non sabemos moi ben qué é o que estaban adestrando, pero tiña unha grande dificultade técnica e física, ademáis de arriesjado. Non quixeron facer declaracións, únicamente contestaron á pregunta "¿que estaban facendo?". A resposta deuna Ioberto dende o burato e foi a típica deste raider "eu ben sei o que estamos facendo...". Astequitorix funfurruñaba polo baixo "se fórades rasca-lo carallo ...".

Así pois, este medio de comunicación, non pode dicir se o que estaban era adestrando, se estaban buscando cartos, se qué carallo estaban a facer.

viernes, 18 de febrero de 2011

Concurso de acreedores


A poucos días de comezar a tempada de raids de aventura, o Loureiro´s Raid Team vese na obriga de facer un preconcurso de acreedores como medida para a insolvencia do equipo. Despois de non chegar a un acordo coa firma internacional PisyCola, o equipo buscou axuda no almacén do SEIS, como última alternativa para que, polo menos, lles salisen gratis os arranxos que poideran ter durante todo o ano. Esta opción foi rexeitada polo propio equipo, ó non entender o idioma do encarjado.

Con estas, viuse obrigado a chegar a esta situación que tomará forma o vendeiro venres, se non atopan unha saída a situación de quiebra técnica na que se atopa dende mediados da tempada pasada.

Os dous raiders que quedan no equipo, Ioberto Carrilbicixa e Astequitorix Arrancaa, comezan a estar nerviosos, ó ver que poden ir ó paro se non atopan os avales necesarios para redirixir a situación.
Na rolda de prensa multitudinaria que fixeron hoxe á tarde comentaron tamén que "a situación non é boa económicamente nin estamos para votar fojetes a estas alturas por falta de fichajes, pero con atopar un raider unha semana antes do primeiro raid a cousa cambiará ... e xa veredes como aparecen padriños"

jueves, 20 de enero de 2011

Na búsqueda dun raider


A escasos dous meses do comezo da liga de raids 2011, o Loureiro´s Raid Team, comeza a pretemporada como rematou a anterior, "tarde, mal e arrastro", pero o esforzo por facer un equipo de champions fai que os únicos raiders fixos do equipo (Ioberto e Astequitorix) traballen arreo para buscar a mellor opción de fichaxe. Esta semana andiveron polo monte na busca dalgún raider que poidera deixar algún equipo perdido, coma de cans de caza se tratasen. Por alí atoparon a Julius Mufasa, que incríblemente non comezou a temporada con ningún equipo, polo que a opción non sería mala. Co galeno estaba tamén Gianni Brugno, un antigo raider italiano que agora traballa de veterinario (no 061 vaaa). A opción deste último tampouco se descarta, máis aínda sabendo que pode ter algunha porción máxica que funcione como combustible extra dos raiders do Loureiro´s.

Está claro que andan os dous físicamente moi ben. Non así a nivel orientativo, pois nin se enteraron que os dous do Loureiro´s estaban a espialos dende o monte.

Esto non fai máis que comezar ... estaredes informados.

lunes, 3 de enero de 2011

Inicio de Tempada

Os raiders estaban hoxe convocados nas oficinas do club e polo que se viu, a tempada vai comezar como finalizou a anterior, JODIDA.

Soamente apareceu á súa hora Ioberto Carrilbicixa e máis tarde AsteQuitorix. Nada se sabe dos outros posibles raiders que poideran formar parte esta tempada do Loureiro´s Raid Team. Parece que o equipo está roto e o seu presuposto non dá nin pa pipas.

Polo de pronto, os dous raiders traballaron arreo na carroza dos reis magos, e incluso escribiron na madeira "nos hemos portado bien", en alusión ós últimos comentarios escoitados polas cociñas.


Seguro que a mensaxe chegará ós Reis Magos e farán posible que este equipo volva a ser aquel que deslumbrou no confín dos verdes castros.

Atentos, que comeza a actividade ...