martes, 8 de marzo de 2011

presentación de OPA hostil

A menos dunha semana do primeiro raid de aventura, o Loureiro´s Raid Team atopouse o martes, día do patrón de bombeiros, cunha OPA hostil(oferta pública de adquisición de valores) por parte do equipo Élite do bombeiros Coruña. O Loureiro´s, que nas últimas horas estaba en conversacións con varios raiders para pechar a primeira convocatoria do equipo, atopouse con esta OPA, non tendo marxe para reaccionar, polo que, aínda que falta por saber cómo quedará o contrato, sabemos que para este primeiro raid, o emblemático equipo non corre, e polo que puido saber este medio de comunicación, Ioberto correrá neste primeiro raid co equipo Élite. Pola outra banda Astequitorix comentou que estaba moi afectado polos acontecementos producidos nestas últimas horas, e espera que nas vindeiras semanas poda votar atrás dita OPA, antes de que esta se faga efectiva. Intentaremos estar informados.

viernes, 4 de marzo de 2011

buscando debaixo da terra


Unha vez sabido que o preconcurso de acreedores non se levou a cabo (posto que parece que a maior parte dos equipos están igual ou peor que este), o Loureiro´s Raid Team non perde a calma nin se resigna a participar na primeira carreira do ano, o raid de Xermade. Onte á tardiña, vimos cómo adestraban os dous raiders oficiais do equipo. Non sabemos moi ben qué é o que estaban adestrando, pero tiña unha grande dificultade técnica e física, ademáis de arriesjado. Non quixeron facer declaracións, únicamente contestaron á pregunta "¿que estaban facendo?". A resposta deuna Ioberto dende o burato e foi a típica deste raider "eu ben sei o que estamos facendo...". Astequitorix funfurruñaba polo baixo "se fórades rasca-lo carallo ...".

Así pois, este medio de comunicación, non pode dicir se o que estaban era adestrando, se estaban buscando cartos, se qué carallo estaban a facer.