jueves, 15 de abril de 2010

I Raid Casa Sixto -Paderne-


1ª proba da Liga Galega de Raids de Aventura, celebrado o pasado 10 de abril en Paderne.

A sorpresa chegou na alineación para esta proba, na que apareceu a compeñente feminina "Pris", escoltada por Quito "El Gran Capitán" e Io "El Gran Escudero".

Da carreira podemos comentar o bo inicio na sección de score-trekking, despois de adentrarnos coma verdadeiros xabaríns, no espeso monte das terras de Paderne. Entre folgo e folgo (tamén descansamos algo polo medio), coincidimos cun corzo, que máis ben parecía Super Mario Bros disfrazado cos saltos que daba o animal. Veña rumbos, veña atallos, e ó final rematamos 5º nesta sección.
Na btt, comezamos a orientar asejún pegase o vento, así nos foi, que para atopar a 1ª baliza, recorremos medio concello, pero atopar, atopámola. A continuación, veu a 2ª que tiña máis envidia da 1ª do que esperábamos e, despois de que o mapa nos fixera unha das súas (creo que o camiño estaba un pouco mal sinalizado), o monte fíxonos das súas e aparecemos na puta selva, hasta creo que había alguén seguíndonos colgados ás árbores. En fin, que cando nos demos conta, a ventaxa que levábamos na 1ª sección, era nula. Aló aparecemos cunha tropa de equipos que xa non sabíamos de quén era quén. No final da sección, apareceu o espiritu de equipo e comezamos a cabalgar coma auténticos mosqueteiros, facendo sufrir á bicicleta coma se fose unha besta con fame. E chegamos, e seguimos coa 3ª sección, un trekking con piragua incluída. Ó noso ritmo e clavando as balizas, pero cando chegamos á auga, haaaai o mal que me levo eu coa auga, fría coma o xeo, pero aló fomos, entramos na piragua que íbamos comer o mundo ... e case nos pasa coma a armada invencible, comezou unha marejada del carallo coa que tivemos que pelexar, pero coas boas dotes de patrón de embarcacións de recreo conseguimos chegar a bo porto. Logo faltaba chegar a meta. Non foi tarea fácil, poñéndose complicada a baliza 11, que conseguimos atopar mirando cara o mar a mui cabrona. E finalmente a baliza 14 que equivoquei un camiño pintado no mapa cun que non estaba (e estaban ben preto un do outro). Como as forzas eran poucas e o tempo máis pequeno aínda, decidimos deixala e que a buscasen os outros equipos, que alí non ía quedar. Chegamos á meta con tempo dabondo como para pensar que podíamos quedar mellor do que pensabamos. E finalmente, así foi ...

8º posto. Ahhh, e recollemos o trofeo ó 3º mellor equipo Aventura da tempada 2009. Un luxo vamos ...

3 comentarios:

  1. Ostias!!!! Quitoooooo no sabia que tenias nombre de queso!!!!.

    ResponderEliminar
  2. Pois espera que che poña a ti nome ... jejej

    ResponderEliminar
  3. Pois eu creo que fixéchedes unha boa carreira, e se non atopasteis algunha baliza foi porque a brúxula non apuntaba ao norte, senón ás cordilleiras de Pris.

    ResponderEliminar