
E ó final víronse as caras. Foi aló polo oeste, preto da vila de Ponteceso. Uns organizando e outro rompendo os cadrís. Só foi un soño. Agora andan a buscarse para armar jhesca. Dende aquel fatídico encontro nas terras Extremas de Somozas non volvemos a saber nada do Loureiro´s Raid Team. Hoxe soubemos que aqueles raiders van competir en equipos distintos. Andan buscando camorra, aljhén que se queira enfrontar a eles. Competirán por ser o mellor, en equipos distintos iso si. Ricardángelo di Elviña irá co seu equipo Pro-3 Natura Raid Aventura, mentres que Astequitorix Arrancaa vai facelo co Élite de Bombeiros, fichado no último momento por falta de persoal (non estaba nin de suplente) e sabedor que o Loureiro´s non lle vai dar un patacón pola liga que fixo este ano. O outro en discordia, prefire non meterse en follóns e vai descansar.
¿Cómo rematará isto? ¿levarán as pistolas cargadas ou serán balas de fojeo? ... moito ladrar e pouco morder, a ver se cambia a historia. ¿Quén correrá polo tanto no Loureiro´s? ¿Sabe o presidente a que hai montada na sección de raids? ... sejiremos informando.
non creo que nos vexamos as caras, o equipo pro-3 ten unha baixa casi segura, veño arrastrando unha lesion e creo que toca descansar (a forza). ia a ser unha bonita loita
ResponderEliminar