lunes, 3 de enero de 2011

Inicio de Tempada

Os raiders estaban hoxe convocados nas oficinas do club e polo que se viu, a tempada vai comezar como finalizou a anterior, JODIDA.

Soamente apareceu á súa hora Ioberto Carrilbicixa e máis tarde AsteQuitorix. Nada se sabe dos outros posibles raiders que poideran formar parte esta tempada do Loureiro´s Raid Team. Parece que o equipo está roto e o seu presuposto non dá nin pa pipas.

Polo de pronto, os dous raiders traballaron arreo na carroza dos reis magos, e incluso escribiron na madeira "nos hemos portado bien", en alusión ós últimos comentarios escoitados polas cociñas.


Seguro que a mensaxe chegará ós Reis Magos e farán posible que este equipo volva a ser aquel que deslumbrou no confín dos verdes castros.

Atentos, que comeza a actividade ...

3 comentarios:

  1. Este vai ser un "bo ano"(...como diría Boris Izaguirre), AUPA LOUREIRO´S

    ResponderEliminar
  2. moita estrellita pero poucos títulos.

    ResponderEliminar