martes, 8 de marzo de 2011

presentación de OPA hostil

A menos dunha semana do primeiro raid de aventura, o Loureiro´s Raid Team atopouse o martes, día do patrón de bombeiros, cunha OPA hostil(oferta pública de adquisición de valores) por parte do equipo Élite do bombeiros Coruña. O Loureiro´s, que nas últimas horas estaba en conversacións con varios raiders para pechar a primeira convocatoria do equipo, atopouse con esta OPA, non tendo marxe para reaccionar, polo que, aínda que falta por saber cómo quedará o contrato, sabemos que para este primeiro raid, o emblemático equipo non corre, e polo que puido saber este medio de comunicación, Ioberto correrá neste primeiro raid co equipo Élite. Pola outra banda Astequitorix comentou que estaba moi afectado polos acontecementos producidos nestas últimas horas, e espera que nas vindeiras semanas poda votar atrás dita OPA, antes de que esta se faga efectiva. Intentaremos estar informados.

3 comentarios:

  1. A cabeciña non che para.

    ResponderEliminar
  2. jajjaja, acabo de ver un correo do Patrón, e fixo e desfixo. O tal Ioberto, no clembuterol raid team jajjajaj, e casanova vai no Brigantia (creo que antiguo Élite).
    Quitiño, pasas a un segundo plano, metéroncha doblada jajjajaj.

    ResponderEliminar