miércoles, 6 de julio de 2011

O Loureiro´s segue vivo


Despois de moito tempo sen saber nada deste equipo mítico e extraordinario, a nosa redacción comezou a traballar en saber porqué o Loureiro´s Raid Team non facía acto de presenza esta tempada na liga galega de raids de aventura. Tras moito indagar, e moitos "disques" (dique se levan mal...; disque non hai quen os ature ...; disque comen hamburguesas e perritos coma os americanos ...; disque disque foron separados do club; disque disque ...), soubemos que o equipo non foi quen de desembolsar nin un patacón por conseguir un raider que fixese equipo cos inigualables, incomparables e extraordinarios raiders Astequitorix e Ioberto. Non só iso, senón que tampouco foi quen de conseguir un sponsor coma é debido, nin ningún mecánico e cociñeiro cualificado para competir con garantías na extraordinaria Liga Galega de Raids de Aventura.

Consecuencia de todo isto, o equipo directivo conseguiu meter ós dous raiders en varios equipos durante esta tempada, co que espera sacar beneficio económico para o día a día (mazáns do gadis, peixe do muro, leite da casa, jalletas da risa e carneiros do ... carneiros hai dabondo no parque). O caso é que calquer día reaparece e sabremos se este distanciamento os fixo máis fortes.

Polo de agora, Astequitorix, leva 3 de 3 cuartos postos, cousa que non foi capaz de facer en tempadas pasadas e o Ioberto ..., este pouco correu, e o que fixo foi andar cejo perdido polo monte.

Seguiremos detrás da pista.

1 comentario:

  1. Ioberto Carrilbicixa7 de julio de 2011 a las 16:18

    CONTA-CONTA
    ...tendo en conta que chejei de Amsterdam fai nada de tendo en conta que corrín co "CLEMBUTEROL" o que non sería normal é non andar cejo...

    Coquito dende que "lle fixeron" a OPA hostil o noso Rubén...imos de mal en peor; non sei se o LOUREIROS poderase recuperar.
    De todos os xeitos iso dos Raids que é? O DOS MOSQUITOS non?

    ResponderEliminar