Despois de moito esperar e da desaparición do equipo Loureiro´s Raid Team por falta de pago ós seus raiders, e despois de que estos se apuntasen na "Lista do Paro" e pensando que nunca máis os voltaríamos a ver, sorprendeunos o club Bombeiros Coruña, cun equipo procedente das estrelas, do máis alá, da eternidade. A Santa Compaña Raid Team, aparece como un equipo composto por almas perdidas polo mundo adiante.
Atopamos a Astequitorix comandando o equipo, xunto con Abdel Hakîm Patanegra e Nadîm JoseMari, dous marroquís chegados non se sabe moi ben cómo, a terras castrexas.
O obxectivo do equipo da Santa Compaña era moi sinxelo, chegar á meta fose como fose. Despois das debidasa presentacións antes do breafing (non expensas de dificultade, polo idioma de cada un), saíron os desalmados coma lóstregos para atopar en primeira posición a primeira das balizas das que se compoñía o raid.
Todo foi un espellismo.
Por diante quedaban un mínimo de 75 quilómetros a percorrer en btt, kaiak e trekking, e atopar as 37 balizas, repartidas nas 5 seccións das que se compoñía o raid.
Finalizada a 1ª sección (trekking) nunha posición cómoda, arrancaron para os 25 km en btt, na que se lles deu bastante ben, pero onde perderon moito tempo en "ticar" as balizas (a sotana enredábase nas pernas). Todo o que gañaban enriba da bicicleta o perdían nos "tiques".
Comezaron a 3ª sección (trekking), moi entusiasmados, posto que todos eles se lles daba ben o correr, peeeero, unha mala hidratación e unha mala dixestión, fixo que unha das almas comezase a predicar polas corredoiras en cada cruce que había. Ahí comezaba o via crucis particular. Quedaba moito raid e había que baixar o pistón. Despois dunha pequena recuperación, pasaron á sección 4, a máis longa do raid, con 27 km (btt, trekking, kaiak, trekking e btt). Coas forzas moi consumidas, aló se foron á aventura a intentar recuperarse pouco a pouco e o que sucedeu, foi todo o contrario. Antes de chegar á zona de kaiak, outra das almas comezou a renquear dun xeonllo.
Había tempo para recuperar ... as almas, posto que o tempo perdido xa era moito. Así foi, de volta da piragua, e despois dun garrafal erro de orientación, no que as almas se meteron no máis profundo do monte de xermade, ían aparecendo dunha en unha no máis alto do monte. Recuperaron algo na bici, ou polo menos nos perderon. Coa derradeira sección (a 5ª, btt e 12 km), e despois de tomar a poción máxica de última hora, conseguida nunha pequena vila gala, volaron polos montes de Xermade. Comentan as malas línguas que a estas almas lle cheiraba a callos, e como a fame era moita, voaron cara a meta.
Finalmente, chegaron no posto 12 da categoría élite, un resultado que, se nun principio sabía a pouco, ó final soubo a moito, indo como foron durante todo o raid.
Está claro que o equipo estaba moi descompensado, sendo normal, posto que nunca correran xuntos e incluso se presentaron antes da carreira.
Dentro de pouoc hai unha nova proba de raids, no que saberemos ... se comeron callos ou non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario