viernes, 7 de mayo de 2010

Pájara monumental


O primeiro adestramento dos 10000 del Soplao puxo a cada un no seu sitio. Con principio e fin en Bombeiros Park, o adestramento, aínda que non era esixente, fixo escabechina no pelotón. Nas primeiras de cambio comezaron a sair esas pequenas rachaduras do corpo, esas que non doen ata que esforzas a máquina un pouquiño máis. Un dos casos máis chamativos, foi a pájara que colleu un dos compoñentes do grupo que, unha vez subido o Porto Especial PicoXalo, non foi quen de recuperar as súas forzas para chegar á meta en Bombeiros Park.
Ante este terrible suceso, os servizos médicos do club, propuxeron que pasase un control médico antes da fin de semana, para poder atallar canto antes, unha posible falta de vitaminas e minerais, especialmente dos que están na cebada. Hoxe pola mañá, produciuse ese control médico nun prestixioso hospital da cidade.
As declaracións do convaleciente foron. "Xa o vía vir. O pico ese está alto de carallo e despois de estar un mes sen pegar pancada, non era de extrañar que pasase esto. Pero creo que non hai de que preocuparse. Aquí estanme a cargar as pilas con tanto cable enchufado, así que estaremos nunha forma óptima para o desafío do Odiseo... e quen non me crea ... que arranque...". Ante as múltiples preguntas que lle querían facer os moitos medios de comunicación que alí estaban, o raider zanjounas cun "aaaaarrrrannnco todos ehhh..."

1 comentario: