
Despois dunha longa semana de negociación entre as partes implicadas, non hai acordo para que Julius Mufasa ou PanoGabyx corran co Loureiro´s. Aínda que a principios de semana se daba por finiquitado o acordo para un traspaso dalgún dos dous raiders, o mércores rompíanse as negociacións co mánager de Julius, o tamén raider Casanovas Clooney, que aumentaba o seu traspaso en 3 birras por semana ata final de tempada, ademáis do que primeiramente esixiu (limpeza da bicicleta despois dos adestramentos con engrasado de cadea e revisión de frenos, un par de birras en cada carreira e unha ducha quente ó finalizar cada raid). A tesoureiría do Loureiro´s viu imposible pagar semellante cláusula por un raider que cae da bicicleta cada dous por tres, por non falar das posibles lesións que puidera traer o galeno.
O outro raider implicado, PanoGabyx, aínda que manifestou públicamente as gañas que tiña de formar parte do Loureiro´s, renunciou de maneira unilateral a participar este ano no mesmo. Semella que unha orde interna do equipo Bombeiros Aventura lles fixo arrecuar ós dous. Sospéitase que a cláusula de rescisión traía algunha que outra coletilla, que non puidemos saber polo de agora.
As cousas complícanse no Loureiro´s Raid Team, que busca unha solución ós malos resultados acadados ata o de agora. O Staff técnico traballa a contrarreloxio para conseguir un raider competitivo, barato e que traia a cláusula de rescisión debaixo do brazo.
Parece que o staff dos Loureiros no ten puñetera idea do que ten facer co raider da discordia.
ResponderEliminarO único que lle fai falta para que se poña as pilas é vestir aos outros dous con faldas e medias de rexilla, verás como pedalea.
Pedalear non pedalea moito, pero esquiar, esquia toda a fin de semana jajjaj.
ResponderEliminar