martes, 29 de junio de 2010

Sin recursos

Así podemos titular o que aconteceu no raid de Carnota. O equipo atopouse o día da competición soamente con dous raiders para correr. Tras a cesión de Rubentotti Alcántara e a baixa de Ioberto Carrilbicixa, chegou o día da proba e non apareceu Astequitorix e o que foi peor, non apareceu a asistencia por ningún lado. Se isto non fose pouco, o equipo, que ía probar dous novos compoñentes para lubricar a máquina do Loureiro´s, non se puxo dacordo para que alguén do staff técnico se achegase a Carnota ver ós novos raiders. En definitiva, estamos á espera de que saquen os resultados provisionais para sacar algunha conclusión.

Tal é o asunto que ninguén do Loureiro´s sabe quén correu en Carnota con este tan ilustre nome e recoñecido equipo de raids.

Sábase que a inscrición está pagada, que os raiders foron de incógnito, sen equipación oficial e que chegaron a meta, non se sabe moi ben nin cómo nin cando, pero seica chegaron. Soamente se sabe que participaron, porque alguén recolleu a documentación e os dorsais. Isto vai ter que ser aclarado nalgún programa como "Ónde carallo vai", versión galeguizada do tan coñecido programa "Quien sabe dónde".

En fin, que a día de hoxe, non temos noticias nin aventuras do equipo Loureiro´s.


2 comentarios:

  1. Estades en caída libre.

    ResponderEliminar
  2. Eu vin aos raiders na saída xunto ós kayaks, estaban despistados, sen rumbo, (tiñan o limbo da brúxula seco). Vinos adentrarse mar adentro e xa non souben mais deles, ata hoxe pensei que afogaran no oceano. Sen dúbida subestimeinos.

    ¡¡¡ Para mariñeiros, eles!!!!

    ResponderEliminar