jueves, 24 de junio de 2010

Primeiros fichaxes

Tras a cesión de Rubentotti ó equipo Bombeiros Coruña Aventura, e unha vez que Ioberto Carrilbicixa se autodescarta para competir no famoso Raid de Carnota, o equipo quédase cun só integrante dos tres que comezaron a liga. Os últimos movementos do equipo Loureiro´s son a incorporación dun raider amateur, sen equipo coñecido e que ben a probar neste mítico equipo. A súa fichaxe foi complicada, posto que tiña varias ofertas doutros clubs e equipos, pero finalmente decidiuse por este por ter unha pequena posibilidade de proxección deportiva. O chaval non sabe moi ben onde se mete, pero seguro que será capaz de aguantar as envestidas dos veteranos.

O terceiro dos raiders para Carnota, ben apadriñado por un dos grandes da liga, Nolo DelNorte, que según poidemos saber, dou informes moi positivos e moi precisos sobre o raider en cuestión.

A presentación de ambos raiders farase minutos antes do briefing, pois todos sabemos que o equipo non é dos que madruga.

Con tanto cambio, quixemos saber as impresións do único dos tres raiders que comezaron a liga co Loureiro´s, Astequitorix, que tras varios días sen atender ós medios de comunicación, onte á noite nas cachelas de San Xoan, e logo dunhas tazas de viño do país e unhas sardiñas, dou as súas primeiras impresións: "Este raider vai ser unha incógnita, primeiro porque non coñezo ós compañeiros e segundo porque imos ter que contratar un chofer para que nos faga as asistencias, porque ver non vexo que haxa persoal para elo. Por outro lado, non sei quen leva as contas do equipo, pero é moito aforrar de nuestro señor ..."

4 comentarios:

  1. la fiesta se os da muy bien siii.

    ResponderEliminar
  2. Mecajoendiós, isto vai de mal en peor...
    Temos que facer algo para replantear a situación.

    ResponderEliminar
  3. Ya contareis cómo os fue en Carnota.

    ResponderEliminar
  4. aqui o unico que pode contar como foi en carnota son eu e outro parviño que veu candamin, sen asistencia, e carretando toda o raid con todo o lombo, comida, zapatillas, auga, etc...e casi sin idea, quen me mandou a min...

    ResponderEliminar